31 de marzo de 2010

Orde do 29 de marzo de 2010 pola que se establecen medidas en relación co sistema de identificación dos équidos na Comunidade Autónoma de Galicia.


 

O Regulamento (CE) 504/2008, da Comisión, do 6 de xuño de 2008, polo que se aplican as directivas 90/426/CEE e 90/427/CEE polo que se refire aos métodos de identificación dos équidos, establece as normas básicas da identificación equina no ámbito da Unión Europea. En transposición desta norma, o Decreto 268/2008, do 13 de novembro, polo que se establecen as normas que regulan o rexistro e identificación dos animais equinos, as medidas básicas para a ordenación zootécnica e sanitaria das explotacións equinas, as paradas de sementais equinos con servizo a terceiras persoas e se crea o Rexistro Galego de Explotacións Equinas (DOG nº 241, do 12 de decembro), determinou medidas específicas sobre a identificación dos équidos na Comunidade Autónoma de Galicia. Con posterioridade publicouse o Real decreto 1515/2009, do 2 de outubro, polo que se establece un sistema de identificación e rexistro dos animais da especie equina en España (BOE nº 256, do 23 de outubro), que se dita con carácter básico, ao abeiro do artigo 149.1º.13 e 16 da Constitución, e por tanto debe ser considerado naqueles aspectos particulares contrarios ás disposicións do decreto autonómico, mentres non se produce unha adaptación aos termos da norma básica.


Coa limitación descrita, esta orde publícase en aplicación da disposición derradeira segunda do Decreto 268/2008, que faculta o conselleiro do Medio Rural a ditar cantas disposicións sexan necesarias para a execución e cumprimento do disposto no decreto.

 
FONTE: DOG Nº60 DO 30/03/2010.