15 de abril de 2010

O Dog publica a orde de axudas a entidades agroforestais para accións formativas e de transferencia tecnolóxica.

 
Santiago, 15 de abril de 2010.- O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe unha Orde da Consellería do Medio Rural pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para o desenvolvemento de accións formativas e de transferencia tecnolóxica por entidades asociativas vinculadas ao sector agrario e se convocan para o ano 2010.

Esta orde ten por obxecto financiar as accións formativas e de transferencia de tecnoloxía que realicen entidades asociativas do sector agroforestal en réxime de concurrencia competitiva e dirixidas ás persoas asociadas, aos directivos e ao persoal de ditas entidades.

Beneficiarios e actividades
Os organismos que poderán beneficiarse destas axudas son as sociedades cooperativas agrarias, as de explotación comunitaria da terra, as sociedades agrarias de transformación, as asociacións de cooperativas e as de produtores radicados na Comunidade Autónoma de Galicia.

As actividades suxeitas a este tipo de subvención serán os cursos de formación e actualización profesional, os cales poderán comprender unha viaxe didáctica relacionada co obxecto dos mesmos, e actividades de transferencia de tecnoloxía.

Orzamento
O orzamento total destas axudas é de 275.000 euros, dos cales 158.290 son financiados polo Fondo Europeo Agrícola de Desarrollo Rural. Dita aplicación presupostaria poderá ser incrementada con fondos adicionais comunitarios, estatais e autonómicos.

En canto á contía das axudas, a subvención total máxima por curso de formación é de 6.000 euros, podendo chegar ata os 9.000 no caso de que o curso inclúa unha viaxe didáctica. Nas actividades de transferencia tecnolóxica, a subvención máxima por acción é de 1.500 euros. A contía da subvención por entidade non poderá superar os 10.000 euros.

A orde publicada hoxe no DOG incorpora os anexos co formulario para facer efectiva a solicitude destas axudas

FONTE: NOVAS DA XUNTA