Na presentación tamén estiveron os representantes dos gobernos de Asturias, Cantabria e Castela e León, así como o presidente de SEO/BirdLife, Eduardo de Juana e o director da Fundación Iberdrola, D. Luis Carlos Martínez.
A iniciativa presentada ten como obxectivo fundamental frear a perda do urogalo cantábrico (pita do monte) e fomentar a súa recuperación. Esta especie endémica da Península Ibérica atópase catalogada pola Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UICN) en perigo crítico de desaparición debido, principalmente, á fragmentación do seu hábitat, á baixa taxa de reprodución e ao alto grado de depredación.
Para frear estas ameazas, a iniciativa céntrase en favorecer o éxito reprodutor e a supervivencia dos adultos; garantir a conservación dos seus hábitats favorables mediante actuacións de restauración e mellora e promover a conciencia social e a participación pública mediante o aumento do coñecemento sobre a especie e o seu hábitat. Para conseguir estes obxectivos, levaranse a cabo accións de conservación in situ, é dicir, melloras do hábitat, control de predadores e competidores, redución da mortalidade no natural, con acciones ex situ coma programa de cría en cautividade e reforzamento das poboacións.
Financiamento
O proxecto está cofinanciado ao 50 por cento pola Comisión Europea a través dos fondos LIFE+, e conta como socios coas Comunidades Autónomas de Asturias, Galicia, Cantabria e Castela e León, co Organismo Autónomo Parques Nacionais, con SEO/BirdLife e coa financiación da Fundación Iberdrola e coordinado pola Fundación Biodiversidad. A área de actuación do mencionado proxecto é a cordilleira cantábrica e se executará entre outubro do 2010 e setembro do 2014. O orzamento ascende a 7 millóns de euros.