O artigo 45 da Constitución española recolle o dereito de todos a gozar dun ambiente para o desenvolvemento da persoa, así como o deber de conservalo. Para isto, os poderes públicos mirarán pola utilización racional de todos os recursos naturais, co fin de protexer e mellorar a calidade de vida e defender e restaurar o ambiente.
Nesta mesma liña, a Lei estatal 42/2007, do 13 de decembro, do patrimonio natural e da biodiversidade, recolle o precepto constitucional anteriormente citado, establecendo entre os seus principios, entre outros, o de conservación e preservación da variedade, singularidade e beleza dos eco sistemas naturais, da diversidade xeolóxica e da paisaxe. Para isto, as administracións públicas teñen o deber de promover o emprego de medidas de incentivación de iniciativas de conservación da natureza e desincentivación daquelas que teñan unha incidencia negativa sobre a conservación da biodiversidade e o uso sustentable do patrimonio natural.
A Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, no seu artigo 52 crea o Catálogo galego de árbores senlleiras como instrumento de protección en que se incluirán aqueles exemplares ou mouteiras dos cales, polos seus valores ou interese natural, cultural, científico, educativo, estético ou paisaxístico, sexa necesario asegurar a súa conservación. Nos exemplares ou mouteiras incluídos no Catálogo poderanse levar a cabo, logo da autorización da consellería competente, todo tipo de tratamentos silvícolas e actuacións encamiñadas á súa protección, conservación e mellora.
Todo o anterior desemboca na promulgación e entrada en vigor do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo galego de árbores senlleiras, que recolle o procedemento para a inclusión destas árbores e formacións singulares neste Catálogo e establece o réxime xurídico básico para as árbores e formacións que se inclúan nel. O artigo 2º dispón que terán a consideración de senlleiras as árbores e formacións de calquera especie, tanto autóctona como foránea, situadas en terreos de propiedade pública ou privada, que sexan merecentes de medidas específicas de protección en atención ás excepcionais características do seu porte, dendometría, idade, rareza, significación histórica ou cultural, interese científico, educativo, estético, paisaxístico ou calquera outra circunstancia que as faga merecedoras dunha especial protección. Dentro deste decreto, o anexo I fai referencia ás diferentes árbores senlleiras, mentres que o anexo II está dedicado ás formacións senlleiras declaradas en Galicia. Por último, o artigo 10.1º do Decreto 67/2007 prevé a posibilidade de que a Consellería do Medio Rural poida establecer un réxime de axudas económicas encamiñadas á súa conservación, protección e mellora ou, se é o caso, para realizar tratamentos fitosanitarios ou silvícolas de mantemento.
Segundo o disposto no Decreto 318/2009, do 4 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e do Fondo Galego de Garantía Agraria, corresponde a esta consellería, a través da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, a conservación, protección, uso sustentable, mellora e restauración do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia.
O réxime xeral das axudas e subvencións nas administracións públicas establécese nas disposicións básicas da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A nivel regulamentario, a norma principal está representada polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

FONTE: DOG Nº 79 28/04/2010